Conéctese e comuníquese

Pode comunicarse de xeito máis efectivo con openSUSE 12.3 porque fornece un completo conxunto de ferramentas para navegar pola Web e xestionar o correo electrónico—tamén inclúe a nova tecnoloxía de Voz sobre IP.

openSUSE inclúe Mozilla Firefox, un dos mellores navegadores Web do mundo. Firefox inclúe todas as funcionalidades que precisa para gozar da Web, incluíndo a novedosa tecnoloxía HTML5. Firefox tamén goza dun moi bo rendemento e un grande número de melloras deseñadas para protexer a súa privacidade e prever os ataques de phishing.

Tamén se inclúen en openSUSE Evolution e Kontact, aplicativos de xestión de contactos e de correo-e completos. Para a mensaxería instantánea, openSUSE proporciona clientes doados de usar que soportan todos os protocolos populares: AIM, Facebook, Google Talk, Jabber, MSN, Yahoo!, Groupwise, e moitos outros.