Manteña o seu sistema seguro e actualizado

Axude a asegurar o seu sistema e os seus datos contra intrusos da Internet con SUSE Firewall. Este dispositivo de seguridade actívase por defecto e é fácil de configurar. Pero pode facer máis para protexer o sistema con openSUSE porque inclúe AppArmor, o sistema de seguridade de aplicativos para Linux máis efectivo e fácil de usar actualmente. AppArmor protexe proactivamente ao sistema operativo e ás aplicacións de ameazas internas e externas.

Ademais de SUSE Firewall e AppArmor, openSUSE tamén inclúe un sistema de actualización de parches de seguridade especial. Para asegurarse de que os últimos parches de seguridade están instalados no seu sistema, pode seleccionar realizar unha actualización en liña ao rematar este proceso de instalación (se non escolleu o modo de instalación automática ao principio). En adiante, informaraselle automaticamente da dispoñibilidade de actualizacións de seguridade importantes, para que poida instalalas cando queira.