Aprenda máis

A distribución openSUSE fornece documentación detallada sobre cuestións específicas de openSUSE e tamén sobre cuestións xerais sobre Linux. O Centro de axuda é accesible a través do menú principal. Os manuais tamén están dispoñibles en PDF e pódense descargar e imprimir (http://en.opensuse.org/Portal:Documentation).

Incluso hai máis información dispoñible na wiki de openSUSE en http://en.opensuse.org/. En "Documentation," atopará ligazóns a información útil creada e mantida por outros usuarios de openSUSE. Tamén poderá atopar ligazóns á documentación dispoñible no sitio web oficial de SUSE. Para obter axuda sobre problemas específicos de openSUSE, consulte a Base de datos de soporte en www.opensuse.org

Para soporte doutros usuarios de openSUSE visite os foros oficiais de openSUSE en http://forums.opensuse.org/. Aquí atopará miles doutros usuarios de openSUSE, dispostos a axudarlle a conseguir o máximo de Linux. Se é un usuario experto de openSUSE, os foros son un magnífico sitio para reunirse con outros usuarios e axudarlles.

Desexa mellorar openSUSE? Pode construír case calquera cousa con openSUSE. É fácil crear e compartir novos paquetes para varias distribucións de Linux usando o único e potente Servizo de openSUSE Build. Únase a openSUSE.org para colaborar.